Concerto – Teatro Afundación Vigo
Coñece o novo traballo de Andrea Pousa “FLUYENDO” xa dispoñible!! .
>> escoitao aquí

ANDREA POUSA cantante e actriz nada en Tomiño, Pontevedra. Dende moi pequena, xa sembraba dotes cantando como artista solista en diferentes eventos da comarca, participando en varios festivais de canto. Os seus 15 anos foi seleccionada como unha das voces femeninas destacadas de Galicia no Festival de la Canción. Tamén, participou no proxecto educativo “Ponte nas Ondas” para a divulgación do Patrimonio cultural Galego-portugués.
En 2004 únese á Asociación de Artistas Vocálitis (seu fin é a potenciación de novos artistas con ideas innovadoras) e comeza a recibir Máster Class de canto e interpretación baixo a tutoría e dirección do Mestre e Tenor José P. Pérez (Considerado unha das mellores voces líricas de todos os tempos, que compartiu escenario con Montserrat Caballé, Pavarotti, José Carreras,etc, en diferentes teatros de todo o mundo).
Andrea Pousa, é rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, dozura e temperamento. Ten a capacidade de converter cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora. Durante 10 anos, foi membro do grupo vocal femenino “Sueño de Calíope”, grupo musical de arte creativa, onde se centra o seu aprendizaxe.
Complementa a súa carreira de canto coa de actriz. Algunhas das obras nas que participou: “Circo de Nadal” e “Cenerentolla” de “La Fiesta escénica”, en Italia e Suiza.
En 2014, funda co actor galego Bruxo Queiman, a compañía de espectáculos QUEIMAN E POUSA, co fin de potenciar un ocio e cultura a través da calidade escénica, a poesía artística, a música tradicional fusionada con outras ramas musicais e demáis recursos expresionistas que contribúen ó desenrolo da cultura e, en xeral á potenciación do Arte en múltiples facetas. Crearon KELTIA O MUSICAL, un espectáculo que conta parte da historia e lenda de Galicia, con gran éxito no público e que conta coa participación de máis de 35 artistas en escena.
Queiman e Pousa destacan pola súa forza e sensibilidade á hora de interpretar as súas obras e xa contan cunha labor e un recoñecemento nacional e internacional en: Arxentina, México, Alemaña, Irlanda, Suiza, Italia, Portugal, etc.
En outubro de 2016, Andrea Pousa, é a cantante encargada de interpretar o “Himno de Galicia” no Estadio de Balaídos (Vigo), no derbi galego Celta de Vigo – Deportivo da Coruña.
En maio de 2017, preséntase “O Himno por Andrea Pousa” acompañada dunha Orquestra Sinfónica. Un proxecto audiovisual, ideado e producido por Queiman e Pousa, onde se mostra a Historia do Himno de Galicia, en homenaxe a todos os emigrantes e a todos os galegos que defenderon y defenden a identidade galega.
RESPIRAR
‘Respirar’ un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primer álbum en solitario RESPIRAR.
Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que etiquetalas, mesmo verbalizalas.
Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e acolá; lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.
Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.
O caso é que Andrea é quen de transmitir todo iso sendo ela mesma, con elegancia e frescura, conformando coa súa voz clara e firme.
Un estilo de canción que sitúa os seus propios límites na contorna do Atlántico.
Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, con unha calidade musical e artística moi sofisticada.

Andrea Pousa presenta agora … “ALALÁ MEIGO”, o terceiro single de RETORNO o novo disco de Andrea Pousa que sae a venda en 2021. A terceira canción dun disco co …

Despois do éxito do primeiro sinxelo, “Axendados”, Andrea Pousa presenta CAMIÑARES, é o segundo sinxelo de RETORNO o novo disco de Andrea Pousa que sairá a venda a primeiros de …

A canción representa as persoas que estamos metidas nunha voráxine de citas, reunións, compromisos e que non podemos quedar con outra persoa sen antes revisar a nosa axenda.

‘Respirar’ un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primer álbum en solitario RESPIRAR. Hai un …
Podes escoitalo 🎧 en Itunes / Spotify / Deezer / Google Play 🎵 💿 CD Físico á venda en: Amazon / El Corte Inglés y Fnac
Andrea Pousa presenta o seu primeiro álbum en solitario “RESPIRAR” “O latexo do lirismo galego feito canción capaz de traspasar fronteiras”. Andrea Pousa, é rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, …
Empregue o formulario de contacto para enviar unha mensaxe a equipa de Andrea Pousa:

